lunes 23 de noviembre de 2009

Última proxección das Cinemas con Conciencia!!


Este mércores 24 de novembro, ás 20:00 horas, no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº12), terá lugar a última proxección de Cinemas con conciencia. Nesta ocasión a proxección será: O pesadelo de Darwin, a que agardamos que asistades. Ánimate!!

jueves 19 de noviembre de 2009

Un éxito de público en Cinemas con conciencia!!

Onte houbo unha nova proxección dos Cinemas con Conciencia, A dobre cara da moeda.

martes 17 de noviembre de 2009

A dobre cara da moeda


Este mércores, 18 de novembro, ás 20:00 horas, no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº 12) teremos a seguinte proxección de Cinemas con Conciencia. Nesta ocasión será: A dobre cara da moeda; e posteriormente teremos o coloquio-debate. Anímate!!!

lunes 16 de noviembre de 2009

As cifras da desigualdade!!

Coca Cola con 600.000 traballadores, foi acusada de persecución contra os sindicatos con “escuadróns da morte” en empresas envasadoras, de explotación laboral e explotación infantil na recolección de laranxas, de discriminación racial...
En América do Sur arruínanse anualmente uns 600 millóns de toneladas de terra fértil xa cultivable, e un número indeterminado de selva virxe ao ano, só en explotacións relacionadas co gando para a produción de hamburguesas para Mc Donalds ou Burguer King.
Para a produción de pantalóns Levi’s, utilizáronse produtos agresivos co medio ambiente e nocivos para a saúde dos traballadores: abonos e pesticidas químicos, cloro, produtos químicos, poliéster...
Cada vez o diñeiro se queda en menos mans e as grandes empresas absorben a outras. O 40% do mercado mundial está dominado unicamente por 325 empresas.

Qué sería do gran poder de todas estas multinacionais si ninguén consumira os seus produtos?
Qué pensas que podemos facer? Mándanos as túas ideas.

viernes 13 de noviembre de 2009

Escola de Outono do Espazo por un Comercio Xusto

Aquí vos deixamos un video da Escola de Outono do Espazo por un Comercio Xusto. Que o desfrutedes!!

jueves 12 de noviembre de 2009

Fame de soia


Onte tivemos a segunda proxección de Cinemas con Conciencia: "Fame de soia". Despois de ver o documental sobre a soia transxénica, abriuse un pequeno coloquio co que se pretendía reflexionar sobre o tema. Nel sairon cousas moi interesantes: os cambios que implicou a introducción da soia transxénica, as peaxes do sistema internacional de importación e exportación de alimentos, intereses políticos e económicos disfrazados de axuda humanitaria, as deficiencias nutricionais, poder das multinacionais, modelos de consumo, entre outras moitos aspectos como os biocombustibles, perda da biodiversidade... Destacar as alternativas propostas: reflexionar a nivel individual o noso consumo diario, as plataformas antitranxénicos...

martes 10 de noviembre de 2009

2ª Proxección Cinemas con Conciencia: Fame de soia.


Este mércores 11 de novembro, ás 20:00 horas no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº 12), terá lugar a segunda proxección dos Cinemas con Conciencia, que organiza A Cova da Terra.
Nesta ocasión será Fame de Soia, a cal seguira un coloquio. Que a disfrutedes!!
Ánimate a participar e difúndeo entre a túa xente, agardámoste!!!